Copy
View this email in your browser

A GUÍA METODOLÓXICA “PERCORRE O TEU LABIRINTO”, DE XIRA!

Nestes meses estivemos facendo diversas presentacións da guía metodolóxica “Percorre o teu labirinto” para buscar replicabilidade noutros espazos, tanto escolares como non escolares. Así pois, estivemos na asociación Aliad de Lugo (foto), na asociación cultural e recreativa Os Tilos de Teo,  no Centro Integral de Formación Profesional A Xunqueira en Pontevedra (foto) e na facultade de formación do profesorado de Lugo.

FEBREIRO, MES DE “DESPEDIDAS”

No mes de febreiro, rematamos a intervención nos centros escolares CPI de Trazo, Tordoia e IES de Arzúa. As sensacións foron máis que boas e, case de seguro, que a colaboración con estes centros se estende.

Por outra banda, tamén en febreiro, remataron a súa estadía de prácticas Carla e Óscar, estudantes de Pedagoxía e Educación Social. Agardamos que este tempiño con nós vos servise no voso futuro profesional!

VINDEIRAS FORMACIÓNS

Actualmente, xa está aberto o prazo de inscrición para unha formación online destinada a profesorado e persoal educador  sobre coeducación baixo a perspectiva dos coidados.

En maio, está previsto realizar unha formación con esta mesma temática pero de xeito presencial.

CÁPSULA INFORMATIVA:
  • AECID: foi concedido un proxecto da AECID para executar en Galicia arredor da nova campaña. Agora mesmo, estamos nun proceso de formación interna.
  • En breve, comezaremos tamén a argallar no vindeiro proxecto de “educación para o desenvolvemento e a cidadanía global”.
  • E, postas a argallar, temos tamén en mente o vindeiro “Día da solidariedade”. Calquera idea é benvida!! 
Copyright © 2018 InteRed ONG, All rights reserved.
Según lo dispuesto en el Reglamento (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y el Consejo de 27 abril 2016, te recordamos que tus datos han sido incorporados al fichero Donativos y/o Suscriptores y/o Voluntarios, titularidad de Fundación InteRed, CIF G80468564,  y cuyas finalidades son: gestión de donaciones voluntarias; gestión de datos de las personas que participan voluntariamente en nuestras actividades; gestión de suscriptores para el envío consentido de la información general solicitada. Tus datos no serán cedidos a terceros, salvo obligación legal. Declaras estar informado/a y puedes ejercitar todos  tus derechos escribiendo a Fundación InteRed, c/ Vizconde de Matamala, 3, 28028, Madrid o a rgpd@intered.org.
Información detallada: www.intered.org/politica-de-privacidad - Tel. 900 831 218
¿Quieres dejar de recibir estos emails?
Puedes darte de baja aquí 






This email was sent to <<Email Address>>
why did I get this?    unsubscribe from this list    update subscription preferences
InteRed ONG · Vizconde de Matamala, 3 · Madrid, Madrid 28028 · Spain